martes, 24 de agosto de 2021

Mámoa de Losoiro

 

Descrición

Esta é unha mámoa moi destacada na paisaxe, situada no alto do monte do Castro no extremo sur da Serra do Careón, a unha altitude de  708 m.  A mámoa conta cun excelente dominio visual. Dende o alto poden verse as localidades de Melide, Arzúa, Palas de Rei e Monterroso.  Ó mesmo tempo a mámoa  é visible dende o propio centro de Melide, a pesar de situarse a unha distancia en liña recta de 6,65 km.

Esta mámoa está na actualidade no medio dos aeroxeradores do Parque eólico do Careón.

Trátase dun túmulo duns 22 m. de diámetro e unha altura de 1,70 m. No centro presenta un cono de violación (resultado de antigos espolios “na procura de tesouros”).

O máis importante, se cabe, é que ó ser unha mámoa tan prominente na paisaxe, levou a que en 1834, o eminente xeógrafo e matemático Domingo Fontán, a utilizase como estación topográfica para mediante triangulacións, elaborar a Carta xeométrica de Galicia, e incluso aparece representada nese preciso e detallado mapa.

ENLACES:

https://www.abeancos.gal/elemento/m%C3%A1moa-de-losoiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario