viernes, 25 de octubre de 2024

O Cotón do Castro (Covas)


 

DESCRIPCIÓN:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,

Concello: A Barcala (comarca) / Negreira

Parroquia: Covas. Santa María

Lugar: Triáns- O Cancelo

Outra denominación do ben:

Cronoloxía: Idade do Ferro,

Descrición:

Este castro vén recollido no Libro “ O hábitat castrexo no Val de Barcala, Amaia e o Val do Dubra” de Xerardo Agrafoxo , co nome de Castro de Covas, por ser esta a parroquia a que pertencen as aldeas de Triáns e O Cancelo e que son as que están máis cerca do castro. O PXOM de Negreira recólleo como “O Cotón do Castro”. Está nun pequeno outeiro que se ergue sobre as terras derredor e que está na liña divisoria dos concellos de Negreira e A Baña. Ten forma circular e mostra boas pendentes pola zona do sur e poñente. Polo leste e norte as pendentes son menos acusadas e só collen relevo nos puntos próximos ao recinto. Amosa un amplo control do territorio e está rodeado de boas terras de labor. O estado da croa está profundamente alterado polas labores agrícolas e non permite ver as súas defensas que se supón que estarían en forma de terrapléns. Obsérvase unha plataforma circular pola zona sur que é o lugar empregado para acceder a coroa. A nova estrada de circunvalación de Negreira pasoulle a 150 m. polo norte, como se pode apreciar na ortofoto do Sigpac e no plano de situación.

ENLACES:

https://patrimoniogalego.net/index.php/46243/2013/06/o-coton-do-castro-covas/

No hay comentarios:

Publicar un comentario