Un museo para comprender os restos e pegadas do pasado de Boiro
No acceso á zona arqueolóxica de Neixón atópase o Centro Arqueolóxico do Barbanza, que alberga e custodia no seu interior unha parte importante dos restos recuperados nas escavacións arqueolóxicas. O Centro Arqueolóxico foi a primeira colección visitable de natureza arqueolóxica e ámbito local que se creou en Galicia.
No Centro a través de maquetas, paneis e reproducións explícase o contexto dos restos arqueolóxicos máis representativos de toda a Comarca do Barbanza: dende o Neolítico ata a Idade de Ferro: túmulos e dolmens, arte rupestre e castros.
HORARIOS:
VERÁN: Xoves e venres de 10 a 14 h. e de 17 a 20 h. Sábados, domingos e festivos de 11 a 14h. e de 17 a 20 h.
INVERNO: Xoves e venres de 10 a 14h. e de 16 a 19 h. Sábados, domingos e festivos de 11 a 14h. e de 17 a 20 h.
PREZO: Gratuito
IDIOMAS: Inglés, español e galego
ACCESIBILIDADE: Adaptado para persoas con discapacidade visual e sala inferior practicable para persoas con mobilidade reducida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario